A biografía de Alejandro Viana Esperón é o resultado do traballo de investigación desenvolvido polo seu familiar Roberto Mera Covas dende o ano 2000, un traballo aínda aberto na actualidade, e que permitíu rescatar do absoluto esquecemento a unha persoa excepcional. Neste apartado ofrécese unha sintética cronoloxía da vida de Alejandro Viana así como unha biografía resumida. En 2021, Mera publicou en Belagua Ediciones o libro “Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos”, centrado na etapa comprendida entre 1936 e 1952. E en 2022 publicouse a versión en español “Alejandro Viana. La proeza del rescate de los refugiados republicanos”.
No libro nárranse as vivencias de Viana na Guerra Civil, o seu labor humanitario e a organización das expedicións de refuxiados en barco a América dende Francia, as súas vicisitudes para eludir á Gestapo e á Falange trala ocupación nazi e a súa odisea de once meses polo continente africano para chegar a México.
Ademais, proximamente poderase acceder ao traballo completo de investigación.
Podes consultar a biografía completa de Alejandro Viana na
