
Benvido/a á web de Alejandro Viana Esperón
Este espazo nace con vocación de xustiza, recoñecemento e homenaxe, rescate do esquecemento e agradecemento a Alejandro Viana Esperón (Ponteareas -Pontevedra- 1877 – México D.F. 1952) e por extensión aos e ás demócratas da II República que sofreron as consecuencias da Guerra Civil e o Exilio.
A web dá a coñecer polo miudo a figura de Alejandro Viana Esperón. A través da súa biografía, achegámonos á historia política e social de Vigo do primeiro terzo do século XX, á II República, á Guerra Civil e ao Exilio.
Ademais, pretende ser un lugar de encontro, coñecemento e intercambio de información para investigadores e investigadoras, e persoas en xeral, interesadas na figura de Alejandro Viana Esperón e, especialmente, na súa acción humanitaria en Francia á fronte do Servicio de Evacuación de Republicanos Españoles e das Sociedades Hispanas Confederadas, simbolizada na evacuación en barcos a América de 17.000 refuxiados e refuxiadas.

PRESENTACIÓNS DO LIBRO
ALEJANDRO VIANA
Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos
de ROBERTO MERA COVAS
1 de abril. 20:00 h. Sede do Instituto de Estudos Miñoráns – GONDOMAR
2 de abril. 20:00 h. Museo ARABO – ARBO
8 de abril. 20:00 h. Salón de Plenos – MOAÑA
9 de abril. 20:00 h. Mercado do Seixo – TOMIÑO
29 de abril. 20:00 h. Centro Comunitario de Canido – FERROL
Para saber mais sobre o libro e o seu autor, segue esta ligazón