O xoves 10 de marzo presentouse no Edificio Francisco Sánchez de Tui o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa actuación de Silvina López e Carlos de Julito, e a intervención de Enrique Cabaleiro, Alcalde de Tui, Manuel Vázquez, da Asociación Levada Libre, e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Concello de Tui.





