Presentación en Salvaterra de Miño (Casa do Conde) 25.2.2022

O venres 25 de febreiro presentouse na Casa do Conde de Salvaterra o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de Edgar Martínez, concelleiro do goberno municipal, Lucas Suárez-Ortuzar, historiador e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño.