Presentación en Salceda (Auditorio Municipal) 18.2.2022

O venres 18 de febreiro presentouse no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de Loli Castiñeira, Tenenta de alcaldesa, Xespi, dinamizador cultural e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Concello de Salceda de Caselas.