Presentación en Sada (Biblioteca da Casa da Cultura) 14.1.2022

O venres 14 de xaneiro presentouse na Biblioteca da Casa da Cultura de Sada o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa presenza de Abel López Soto, Secretario da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, do historiador Manuel Pérez Lorenzo e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.