Presentación en Ribadeo (Casa del Viejo Pancho) 11.2.2022

O venres 11 de febreiro presentouse na Casa do Viejo Pancho de Ribadeo o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de Fernando Suárez, Alcalde de Ribadeo e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Concello de Ribadeo.