O sábado 12 de marzo presentouse no Museo Etnolóxico de Ribadavia o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de César Llana, Director do Museo Etnolóxico, Anxo Collarte, historiador, e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Museo Etnolóxico.





