O sábado 20 de novembro, na Sala Multiúsos do Auditorio Municipal de Ponteareas tivo lugar a presentación do libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos». Máis dun cento de persoas ateigaron o recinto para escoitar a Fernando Groba, concelleiro de Cultura, Edurne Baines, editora, Isabel Blanco, avogada e escritora e Roberto Mera, o autor do libro.








