O xoves 10 de febreiro presentouse na Libraría Espazo Lector Nobel de Ourense o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de David Cortón, fundador da Asociación Amigos da República de Ourense, e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes.





