O sábado 12 de febreiro presentouse no Ateneo Casino de Monforte de Lemos o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de Severino Rodríguez, exalcalde de Monforte, Xosé Manuel Pereiro, xornalista e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Ateneo Casino.





