Presentación en Mondariz (Biblioteca Municipal) 22.1.2022

O sábado 22 de xaneiro presentouse na Biblioteca Municipal de Mondariz o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa presenza de Xose Emilio Barros, Alcalde, de Isabel Blanco, escritora e avogada e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes.