Presentación en Mondariz Balneario (Casa do Concello) 18.3.2022

O sábado 12 de marzo presentouse na Sala de Cultura da Casa do Concello de Mondariz Balneario o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de Manrique Fernández, xornalista e escritor, e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros ás persoas asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Concello de Mondariz Balneario.