O venres 3 de decembro, en El Corte Inglés de Vigo, presentouse o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa presenza de Edurne Baines, editora, da filósofa e ensaista Carme Adán e de Roberto Mera, o autor do libro quen, ao remate da presentación, asinou libros ás persoas asistentes ao acto. Na presentación estiveron presentes descendentes de sobriños de Alejandro Viana e Josefina Dotras (familias Dotras Lamberti e Estévez Viana) así como da familia Arbones que acolleu en Vigo a Alejandro Viana cando este se trasladou á cidade con 14 anos en 1891.




