O venres 28 de xaneiro presentouse no Auditorio Municipal de Covelo o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa presenza de Xose Manuel Sendín, do xornalista Gabino Porto e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado polo Concello de Covelo e a Belagua Ediciones.





