O venres 4 de marzo presentouse no Exposalnés de Cambados o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa intervención de Tino Cordal, Concelleiro de Cultura, Roque Durán, xornalista e empresario e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado coa colaboración do Concello de Cambados.





