O venres 3 de febreiro presentouse na Fundación Vicente Risco de Allariz o libro «Alejandro Viana. Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa presenza de Anxo Quintana, exalcalde da localidade e exvicepresidente da Xunta de Galicia, e do autor Roberto Mera, quen ao finalizar o acto asinou libros aos asistentes. O acto foi organizado pola Fundación Vicente Risco.





