O sábado 11 de decembro presentouse en Arcos (Ponteareas), parroquia da
que é natural e residente Roberto Mera, o seu libro «Alejandro Viana.
Un galego á fronte do rescate dos refuxiados republicanos» coa presenza
do propio autor e do Concelleiro de Cultura, Fernando Groba. Ao acto
asistiron medio cento de veciños e amigos do autor quen ao remate da
presentación asinou libros aos e ás asistentes.




